normando

normando
Plural: normandos
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Normandie, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Normandie.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo normando ou á súa lingua.

    2. s

      Individuo do pobo normando.

    3. s

      Conxunto de pobos que procedían dos países escandinavos e que se estenderon por Europa desde o s VIII, como os varegos, os noruegueses e os daneses, que eran navegantes e aventureiros impulsados polo afán de riqueza e polo aumento de poboación.

  1. s m [LING ]

    ariedade da lingua de oíl que se estendeu polo NO de Francia. Na época da conquista normanda de Gran Bretaña (s XI) foi levada á illa, onde adoptou a denominación de anglonormando.