normalización

normalización

normalizar

Plural: normalizacións
  1. s f

    Acción e efecto de normalizar ou normalizarse.

  2. s f [MAT ]

    Cambio de escala que fai que unha suma ou unha integral teña un valor unidade.

  3. s f [IND/ECON ]

    Determinación e aplicación de normas nas características dun obxecto, dun produto industrial ou na súa elaboración ou fabricación coa intención de melloralo.

  4. [LING ]

    Proceso sociocultural polo que unha lingua se adapta a unha regulación ortográfica, lexical e gramatical (normativización ou estandarización), e accede a ámbitos de uso lingüístico ata ese momento reservados a outra lingua ou variedade (extensión social ou normalización lingüística en sentido estrito).

Palabras vecinas

normal normalidade normalista normalización normalizador normalizar normando