mula

mula

lat mūla

Plural: mulas
s f [ANIMAL ]

Mamífero híbrido e estéril, da orde dos perisodáctilos, que procede dun cruce entre unha egua e un burro, ou dun cabalo e unha burra.

Formas incorrectas

mulo

Refranes

  • A mula con matadura, nin cebada nin ferradura.
  • Faco que coucea mérqueo quen o queira.
  • Mula con remuíño doulla ao meu veciño.
  • Mula que fai ¡hin! e muller que sabe latín, nunca fixeron a ninguén boa fin.
  • Mula que fai ¡hin! e muller que sabe latín, nunca fixeron boa fin.
  • Mula que teña remuíño non a quero para andar camiño.