muíño

muíño

< lat molīnu

Plural: muíños
    1. muíño albeiro/albar

      Muíño que só moe trigo.

    2. muíño de aceite

      Muíño que serve para moer as olivas e reducilas a pasta para facer aceite.

    3. muíño de auga

      Muíño que funciona pola acción da auga pasando por unha roda armada de palas.

    4. muíño de lume

      Muíño que funciona movido por vapor.

    5. muíño de maquía

      Muíño no que hai que pagar un imposto en especie.

    6. muíño de marea

      Muíño que se emprega nas rías para aproveitar o fluxo e refluxo do mar.

    7. muíño fariñeiro/trigueiro

      Muíño que serve para moer o trigo ou outros cereais e facer fariña.

    8. s

      Máquina desintegradora que se emprega para moer gran e, en xeral, materiais sólidos.

    9. s

      Edificio en que se instala o muíño.

    10. s

      Instrumento para moer pequenas cantidades de materias granulosas.

    11. muíño de herdeiros

      Muíño comunal.

    12. muíño de vento

      Muíño montado nunha torre e que se move pola acción do vento sobre as aspas.

  1. muíño gástrico [ANAT ]

    Estrutura propia do estómago dos crustáceos malacostráceos, especialmente dos decápodos, que consiste nun dente dorsal e diversos laterais que trituran as cascas dos animais dos que se alimentan.

  2. s m [QUÍM ]

    Aparato de moer que reduce as substancias a fragmentos pequenos.

  3. s m [METROL ]

    Aparato para medir velocidades e caudais de líquidos, cuxa construción é semellante á dun anemómetro de hélice.

  4. s m [MAR ]

    Torno horizontal colocado en dirección de babor a estribor sobre a cuberta de proa dunha nave e que se emprega para levar as áncoras.

Formas incorrectas

moíño, muiño

Refranes

  • Ábrete, fol, pola boca, para que en vez dunha maquía dúas che colla.
  • Ábrete, saco; unha maquía me debes e dúas che agarro.
  • Andando gaña o muíño, que parado está perdido.
  • Cada muíño quere a súa auga.
  • Máis que muíño en espera vale sobro na moega.
  • Non fíes en maquía de muiñeiro nin creas en comida de despenseiro.
  • Non fíes en maquías de muiñeiro.
  • O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro.
  • O muiñeiro, que oe e ve, non pode ser paroleiro.
  • O muíño treina, treina; a auga faino treinar.
  • O que está na acea moe e non o que vai e non volve.
  • O que está na acea moe e non o que vén.
  • O que pode, vai ao muíño e moe.