monte

monte

lat monte

Plural: montes
  1. s m

    Elevación natural do terreo de tamaño considerable.

  2. s m

    Terreo non cultivado cuberto de vexetación expontánea ou árbores.

  3. s m

    Morea de cousas colocadas unhas enriba das outras.

  4. s m

    Problema de difícil solución.

  5. s m

    Conxunto de cartas da baralla ou de fichas do dominó que quedan despois de repartir para iniciar a partida.

  6. monte comunal/común

    Terreo non cultivado que pertence a unha parroquia.

  7. monte de piedade [HIST/ECON ]

    Establecemento benéfico que fai préstamos, xeralmente peñorativos, de bens mobles, con interese módico.

  8. monte de Venus [ANAT ]

    Rexión púbica da muller en forma de saínte redondeado que se sitúa diante e por riba do orificio vulvar.

Sinónimos

Citas

  • tiña un monte de papeis enriba da mesa

Frases hechas

  • A monte loc adv 1 Empr

  • Montes e moreas. Expresi

Refranes

  • Canto máis anda un no monte, máis espiñas colle.
  • Do monte mao, fuste na mao.
  • No monte andan os lobos e no val os raposos.
  • O monte é para os lobos e o val para os raposos.
  • O que vive na montaña, coida que ten algo e non ten nada.
  • Todo o monte non é ourego.