montaxe

montaxe

fr montage

Plural: montaxes
  1. s f

    Acción e efecto de montar.

  2. s f [ESPECT ]

    Operación de selección, ordenamento e empalme do material filmado para unha película.

  3. s f [ESPECT ]

    Posta en escena dunha obra de teatro.

  4. s f [IND/ARTE ]

    Imaxe que se obtén a partir de diferentes fotografías montadas e colocadas xuntas.

  5. s f

    Acción preparada coa finalidade de enganar ou confundir.

  6. s f [QUÍM/TECNOL ]

    Conxunto de diversas pezas, adaptadores ou compoñentes, que se atopan axustados co fin de obter un aparato ou unha instalación para facer probas nun laboratorio.

  7. s f [HIST ]

    Imposto medieval que percibía o señor xurisdicional pola pasaxe de gando por un monte.

Citas

  • A película gañou un premio pola súa montaxe
  • Encargáronse da montaxe da obra de Castelao
  • Necesito dez fotografías para facer unha montaxe sobre o inverno
  • O da súa viaxe a Cuba foi unha montaxe

Palabras vecinas

montar montaraz montaría montaxe monte montecelo monteira