membrana

membrana

lat membrāna

Plural: membranas
    1. s

      Estrutura anatómica formada por unha lámina primaria, branda e flexible con función protectora e de unión.

    2. membrana abdominal

      peritoneo.

    3. membrana basal

      Capa primaria e transparente que se sitúa baixo o epitelio das membranas mucosas e das súas glándulas.

    4. membrana basilar

      Porción membranosa do tabique dos condutos da orella interna.

    5. membrana celular/citoplasmática/plasmática

      Capa dobre continua, composta principalmente por lípidos e proteínas, que ten como función principal a regulación do transporte de materiais entre o citoplasma e o medio externo. 6

  1. s f [ARQUIT ]

    Cada unha das estruturas curvas e moi finas, construídas con materiais resistentes á tracción e á compresión, que traballan con esforzos normais, repartidas con regularidade.

    1. s [FÍS ]

      Lámina moi fina.

    2. s [FÍS/TECNOL ]

      Lámina que pode vibrar sometida á acción de ondas sonoras ou a forzas capaces de producir desprazamentos lonxitudinais e que forma parte de moitos aparatos acústicos.

    3. s [TECNOL ]

      Lámina flexible, de metal, que se emprega en aparatos hidráulicos e nalgúns instrumentos de medida en que forma parte do seu compartimento e serve para comparar a súa presión.

    4. membrana permeable [QUÍM ]

      Membrana que, no seo dunha disolución, pode ser atravesada tanto polo disolvente como polo soluto.

    5. membrana semipermeable [QUÍM ]

      Membrana que, no seo dunha disolución, pode ser atravesada polo disolvente, pero non polo soluto.

Sinónimos