tímpano

tímpano

lat tympănu gr τύμπανον

Plural: tímpanos
  1. s m
    1. [ZOOL ]

      Membrana do oído dos cordados.

    2. [ENTOM ]

      Órgano fonorreceptor dalgúns insectos formado por unha membrana que comunica co exterior e co remate dunha traquea.

  2. s m
    1. Frontón, na Antigüidade clásica.

    2. Espazo semicircular que constitúe a parte superior dun pórtico románico ou gótico.

    3. Espazo análogo, sen ornamentación escultórica, colocado como elemento decorativo na parte superior de portas e ventás, durante o Renacemento e o Barroco.

  3. s m [CONSTR ]

    Espazo que hai entre a volta e a imposta nunha ponte con arcos ou nunha obra pequena de paso.