medicina

medicina

lat medicīna

Plural: medicinas
    1. s

      Ciencia que comprende o estudo do home san e do home enfermo e dos medios para previr e curar as enfermidades, así como tamén a técnica para aplicalos.

    2. medicina de familia

      Especialidade da medicina que ten como áreas de acción a prestación de atención médica, a prevención de enfermidades, a promoción da saúde e a educación sanitaria.

    3. medicina do traballo

      Especialidade médica que ten por obxecto velar pola saúde dos traballadores.

    4. medicina espacial

      Especialidade da medicina que ten por finalidade previr ou tratar os trastornos que se producen no corpo humano no espazo exterior.

    5. medicina intensiva

      Especialidade médica que trata as enfermidades graves ou en situación de risco vital, potencialmente reversibles. Sitúa a súa actividade nunha área específica do hospital, denominada unidade de medicina intensiva, ou tamén denominada de vixilancia intensiva (UVI).

    6. medicina legal

      Rama da medicina que trata os problemas biolóxicos e médico-cirúrxicos en relación coas ciencias xurídicas e sociais, nomeadamente co dereito penal.

  1. s f

    menciña.

  2. s f

    Cousa que serve para eliminar calquera mal espiritual.

Sinónimos

Refranes

  • Este mal que non mellora, non é de agora.
  • Máis fácil é receitar que curar.
  • O moito apalpar descompón o corpo e chega a cansar/a rallar.
  • O tempo cura o enfermo e non o ungü?ento.
  • O viño con mel sabe mal e fai ben.
  • Os enfermos curan nos libros e morren nas camas.
  • Purgádeo, sangrádeo, coidádeo, e se morre, enterrádeo.
  • Quenturas de maio, saúde para todo o ano.
  • Quenturas de outono, non son boas para o seu dono.