matriz

matriz

lat matrīce

Plural: matrices
    1. s

      Órgano do corpo da femia onde ten lugar a concepción e o desenvolvemento do feto ata o momento do seu nacemento.

    2. s

      Materia básica que ten capacidade xeradora ou formadora.

    3. matriz da uña

      Zona de crecemento da uña que comprende a lúnula e o tecido da raíz.

    4. matriz do pelo

      Raíz epidérmica do folículo piloso.

    5. matriz ósea

      Substancia intersticial calcificada que constitúe a masa do óso.

    1. adx

      Que lle dá orixe ou vitalidade a unha cousa.

    2. igrexa matriz [RELIX ]

      Igrexa primitiva dun país.

  1. s f

    Parte dun talonario que queda unha vez separados os talóns.

  2. s f

    Molde para fundir ou moldear distintos obxectos.

  3. s f

    Escrito orixinal dun documento.

    1. s

      Disposición dos elementos dun corpo K da maneira seguinte:

      Cada unha das liñas horizontais de números é unha fila da matriz, e cada liña vertical é unha columna. Dise que unha matriz é m´n cando ten m filas e n columnas. Pode ser expresada mediante o seu elemento xenérico a ij , na forma A = (a ij ), onde i é o índice de fila e j é o índice de columna.

    2. matriz antisimétrica

      Matriz cadrada igual á súa trasposta cambiada de signo: A = -A t .

    3. matriz cadrada

      Matriz con igual número de filas que de columnas.

    4. matriz de Gram

      Matriz cadrada G que ten como termo xeral G ij = <x i , x j >, i,j = 1,...,n, dados n vectores, x 1 ,...,x n , dun espazo vectorial dotado dun produto escalar <,>.

    5. matriz diagonal

      Matriz cadrada en que os elementos son todos nulos agás os da diagonal principal, é dicir, a ij =0 se ij.

    6. matriz inversa dunha matriz

      Matriz cadrada A -1 tal que AA -1 =A -1 A=I, dada unha matriz cadrada A, onde I é a matriz unidade.

    7. matriz invertible

      Matriz que ten inversa.

    8. matriz nula

      Matriz tal que todos os seus elementos son nulos, que se representa mediante 0.

    9. matriz semellante a unha matriz

      Matriz cadrada A tal que existe unha matriz cadrada invertible M que satisfai A=MBM -1, dada unha matriz cadrada B.

    10. matriz simétrica

      Matriz cadrada igual á súa trasposta: A=A t , onde os seus elementos satisfán a ij = a ji .

    11. matriz trasposta dunha matriz

      Matriz A t que resulta de cambiar en A filas por columnas, dada unha matriz A; os seus elementos satisfán a t ij =a ji .

    12. matriz triangular

      Matriz cadrada tal que todos os elementos que forman as diagonais secundarias, situadas ou ben por riba da diagonal principal ou ben por baixo, son nulos.

    13. matriz unidade/identidade

      Matriz cadrada tal que todos os elementos son nulos agás os da diagonal principal, que son iguais a 1.

    1. s

      Porción periférica dos cromosomas que se presenta como unha cuberta despois da fixación e da tinguidura.

    2. matriz mitocondrial

      Espazo interno das mitocondrias.

  4. s f [FÍS ]

    Rede lóxica en forma de rectángulo, constituída por dúas series de condutores paralelos (filas e columnas, perpendiculares entre elas) e provista de bornes correspondentes de entrada e de saída.

  5. s f pl [XEOL ]

    Materiais de gran fino que actúan como cemento unindo os fragmentos máis grosos dun depósito.

  6. s f [BIOL ]

    Substancia intercelular do tecido cartilaxinoso.

    1. s

      Molde que dá un modelo para a forma ou o relevo.

    2. matriz de embutir

      Conxunto de pezas coas arestas romas onde unha delas, o punzón, queda dentro da outra, que se coloca entre ambas as dúas pezas da prancha metálica que quere embutir.

    3. matriz de tallar

      Conxunto de dúas pezas coas arestas afiadas que poden encaixar mutuamente.

  7. mecánica das matrices [FÍS ]

    Forma da mecánica cuántica que consiste en asociar unha matriz a cada variable física.