matrimonio

matrimonio

lat matrimonĭu

Plural: matrimonios
  1. s m

    Unión dun home e dunha muller, lexitimada pola sociedade, para formar un núcleo familiar.

  2. s m

    Parella unida en matrimonio.

Citas

  • Moitos colectivos piden que se legalice o matrimonio entre homosexuais
  • O matrimonio e os dous fillos ían no autobús
  • O matrimonio sentoulle moi ben

Refranes

  • A casa sen muller cen ollos ha mester.
  • Á filla mala, diñeiros e casala.
  • A mesa e a muller, ben forradas, se pode ser.
  • A moza, casala co moco; e o mozo, co bozo.
  • A muller casada non viva descoidada.
  • A muller casamenteira, que arranxa un casamento, ten a festa enteira.
  • A muller co bo marido crece coma o ovo batido.
  • A muller co seu home ben está, anque sexa no monte.
  • A muller que pega ao seu home, fai ben, se pode.
  • A muller quincela, home de trinta.
  • A primeira muller, vasoira; e a segunda, dona.
  • A túa muller estímaa polo que valla e non polo que traia.
  • A viúva que moito chora ten gana doutra voda.
  • Alá vaias, casada, onde non topes con sogra nin cuñada.
  • Algo terá o casamento cando o bendicen.
  • Amores novos, casa con pucheiros.
  • Anelo no dedo, honra sen proveito.
  • Antes de casar, ter casas en que morar, terras en que traballar e viñas en que podar.
  • Antes que te cases, mira o que fas, que, despois de casado, mal te descasarás.
  • Ás veces leva o home para súa casa con que chore.
  • Bebe do río, por alvolto que vaia; come carneiro, por caro que che saía; casa con doncela, por anos que ela faga.
  • Ben cabe un bo anelo nun pequeno dedo.
  • Ben lle vai á casa onde só un manda.
  • Ben ou mal, casarme han; mal ou ben, non sei con quen.
  • Ben parece a moza garrida cabo da barba cumprida.
  • Busca casa con lar e muller que saiba fiar.
  • Buscas un bo cabalo para a túa egua e dás a túa filla ao primeiro que chega.
  • Cada paxariño quere o seu niño.
  • Cando á túa filla lle viñera o fado, cásaa de contado.
  • Cando che dean o anelo, prepara o dedo.
  • Casa con muller honrada, se queres ter vida sosegada.
  • Casa e irás ben os teus primeiros meses, mais despois cobizarás a vida dos solteiros.
  • Casa e verás: perdera-Io sono e pouco durmirás.
  • Casa o fillo cando quixeres e a filla canto máis antes puideres.
  • Casa o fillo co teu igual e non dirán de ti mal.
  • Casa o fillo, cando quixeres, e a filla, cando poideres.
  • Casa o teu fillo co teu igual e non dirán de ti mal.
  • Casa o teu fillo, cando queiras; e a túa filla, cando poidas.
  • Casa por interés e saberás o que é.
  • Casa, que, despois de casado, collerás coidado.
  • Casa: verás como o sono da alba non o durmirás.
  • Casado e arrepentido.
  • Casamento de parentes ten moitos inconvenientes.
  • Casamento e malas fadas logo son chegadas.
  • Casamento e señorío non queren forza nin brío.
  • Casamento e señorío queren forza e brío.
  • Casamento malo logo é concertado.
  • Casamento por amores acaba en dores.
  • Casamento por interés, o contento dura un mes. -
  • Casamento sinxelo: nin el leva capa nin ela mantelo.
  • Casar a moza co vello non é bo consello.
  • Casar de mociños e andar esfarrapadiños e enche-la casa de meniños.
  • Casar é cegar ou afogar.
  • Casar e compadrar, cada cal co seu igual.
  • Casar, casar: bo é de amañar, pero é malo de aturar.
  • Casar, casar: soa ben e sabe mal.
  • Casar, para deitarse sen cear despois de mal xantar, a ninguén lle pode agradar.
  • Casarás e acougarás/amansarás/aprenderás.
  • Casarás en mala hora e comerás pan e cebola.
  • Casarás en mala hora e terás pan e cebola.
  • Casaraste e arrepentiraste.
  • Casaráste, home coitado, e collerás coidado.
  • Casaron a Pedro con Manuela: se ruín é el, ruín é ela.
  • Casaron a Xan con Sabela: se ruín é el, peor é ela.
  • Casáronte: cazáronte.
  • Cásate cun carniceiro, comerás caldo de tripas.
  • Cásenme noramala, que máis vale algo que nada.
  • Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan.
  • Da boa nai busca a filla e da boa cepa planta a viña.
  • Dá que pensar, que, se o noivo non ten nada ¿para que quere casar?
  • De cedo casar e de cedo madrugar, xa te arrepentirás.
  • De viúva tres veces casada non fíes nada.
  • En martes nin panos cortes nin filla cases.
  • Entre casados fanse as paces deitados.
  • Entre o marido e a muller só paz debes poñer.
  • Eu casar, ben casaba, se non houbera que manter os fillos e a muller.
  • Home que ao erguerse di ¡opa! e ao sentarse di ¡ai! non é para a filla da miña nai.
  • Home que ao erguerse di ¡opa! e ao sentarse di ¡ai! non serve para a filla da miña nai.
  • Hoxe casado e mañá cansado.
  • Máis se casa con amor que con dor.
  • Máis vale solteiro estar, que mal casar.
  • Malo é ter que casar, pero peor é ter que descasar.
  • Mellor é a moza de criar que de casar.
  • Mirade O que facedes entre sebes e paredes.
  • Moza con vello casada, como vella hai que tratala.
  • Moza que moito se arrisca ou quere noivo ou quere trisca.
  • Moza riseira, trouleira e ventaneira, para quen a queira.
  • Muller e fomo, cunha hai de abondo.
  • Muller sen home é coma lume sen leña.
  • Nin mozo farrento nin gato cinsento.
  • Nin voda sen canto nin enterro sen pranto.
  • Non collas por dona muller respostona.
  • Non merques burro de recueiro, nin cases con filla de mesoneiro.
  • Non te cases cun ferreiro que te pican as muxicaso
  • Nunca te cases e, se é que te casas, nunca te descases.
  • O casado casa quer e o solteiro quer muller.
  • O casado queda para sempre cazado.
  • O casamento é bo de facer, mais quen o ha de soster, moito ten que saber.
  • O casamento e o caldo, en quente e pelando.
  • O casamento parece cousa do vento: canto ás veces máis se trata, máis logo se desata.
  • O casamento trae moitas veces o arrepentimentoo
  • O casar quere acertar.
  • O día que casas, ou curas ou te matas.
  • O día que cases ten cuidado non te manques.
  • O día que me.casei, boa cadea me botei.
  • O marido fai muller.
  • O marido ten que ter prudencia e a muller paciencia.
  • O marido, temelo, querelo e obedecelo.
  • O melón e a muller son malos de coñecer.
  • O melón e O casamento ten que ser acertamento.
  • o menor erro que pode facer, é casar, a muller.
  • O meu marido é tamborileiro; así mo deu Deus e eu tamén así o quero.
  • O que aos vinte non é home e os trinta non casou, ese paxaro voou.
  • O que casa, por todo pasa.
  • O que casa, quere casa.
  • O que di ¡ai! ao erguerse e ¡ai! ao sentar, non serve para casar.
  • O que fóra vai casar, ou vai enganado ou vai enganar.
  • O que lonxe vai casar, ou leva chata ou vaina buscar.
  • O que lonxe vai casar, ou vai enganado ou vai enganar.
  • O que non ten muller, ben a quixera ter.
  • O san Antonio é o santo das nenas porque, Ao casalas, arrédalle-Ias penas.
  • O traballo do casado é o traballo máis honrado.
  • Palabras de casamento, moitas veces, lévaas o vento.
  • Pan de voda, para min sobra.
  • Para ben casar, casa co teu igual.
  • Para mal casar, vale máis solteiro estar.
  • Por marido raíña e por marido mesquiña.
  • Quen casa unha filla, gaña un fillo; quen casa un fillo, perde o fillo.
  • Quen lonxe vai casar, ou ten chata ou vaina buscar.
  • Quen non é bo para si ¿como ha ser bo para min?
  • Quen non serve para casado, que non engane a muller.
  • Quen quixo casar, casou: se non foi con quen quixo, foi con quen cadrou.
  • Quen se casa por amores, malos días e boas noites.
  • Quen vai soilo pola prata ben pode dicir que se ata.
  • Saber escoller boa muller, é moito saber.
  • Se te casas cun ferreiro, tes que lavalo primeiro.
  • Tres anos hai que casei e que poreo non matei: este ano e o pasado e o ano que casei.
  • Uns casados, outros solteiros e todos tan contentos.
  • Vale máis solteiro que mal casado.
  • Vale máis un amor de lonxe, que vintecinco da porta.
  • Vóucheme á feira do san Trocado: vou que me merquen o meu maridallo.
  • ¡Arranchar, arranchar, que quero casar!
  • ¡Arronchar, arronchar: que me quero casar!
  • ¡Casa, Xan, que Deus dará pan!
  • ¡Cáseme noramala, que máis vale algo que nada!
  • ¡Gárdeme Deus de mozo rezador e de vello xexuador!
  • ¡Meu san Antoniño, dádeme axiña un bo maridiño.
  • ¡San Antonio bendito me valla para darme un home anque sexa de palla!
  • ¿Por que non casas, Xan? -As que me dan non as quero; e as que quero, non mas dan.