máscara

máscara

ital maschera ár mas ẖ arah ‘obxecto de risa’

Plural: máscaras
  1. s f
    1. Figura de diferentes materiais, que imita unha cara, con buracos para os ollos e a boca, co que unha persoa cobre o rostro.

    2. Peza de veludo ou satén con buratos para os ollos, utilizada para tapar a cara e non ser recoñecido.

    1. s

      Peza empregada para protexer a cara.

    2. s [DEP ]

      Gorgueira e tea metálica bordeadas con coiro que, en esgrima, se adapta á cara por medio dunha tira elástica.

    3. máscara antigás

      Careta de caucho ou lona impermeable, que protexe os ollos e as vías respiratorias nun entorno de aire irrespirable.

    4. máscara de apicultor

      Careta de tule ou tea metálica, destinada a protexer a cara e a cabeza das picaduras das abellas ao manipular as colmeas.

    5. máscara de osíxeno

      Careta que cobre o nariz e a boca e que axuda a inhalar o osíxeno que procede dun depósito.

    6. máscara de seguridade

      Careta provista de filtros de vidro, empregada polos obreiros para protexer o rostro nalgúns traballos perigosos.

    7. máscara ritual / [RELIX/HIST ]

      Máscara empregada, na maioría das relixións primitivas, nas funcións rituais. O seu uso implica o designio de anular ou amargar a individualidade humana do suxeito e de substituílo por personaxes imaxinarios, mitolóxicos, deuses, demonios ou animais.

  2. s f [MED ]

    Pano que se emprega para cubrir a boca e o nariz para evitar a trasmisión de xermes ou a inhalación de gases tóxicos.

  3. s f

    Falsa aparencia de que se reviste unha persoa con tal de encubrir os seus verdadeiros sentimentos, pensamentos, obxectivos e a súa maneira de ser.

  4. s f

    Careta para aplicar un medicamento ou cosmético na cara.

  5. s f

    Persoa que leva a cara tapada cunha máscara.

  6. s f

    Molde sacado da cara dunha persoa, especialmente dun cadáver.

  7. s f
    1. Reprodución plástica do rostro dunha persoa ou dun cadáver.

    2. Preparado cosmético reparador que se aplica na cara.

  8. s f [ENTOM ]

    Aparato bucal das larvas dos insectos, da orde dos odonatos, que se atopa pregado baixo a cabeza en repouso e se estende para capturar as presas.

Sinónimos

Confrontaciones

anteface