mando

mando

mandar

Plural: mandos
  1. s m

    Acción de mandar.

  2. s m
    1. Facultade para mandar con poder para obrigar a obedecer.

    2. Persoa ou colectivo que ten o poder ou a responsabilidade de mandar.

  3. s m [TECNOL ]

    Conxunto de accións e instrucións para conseguir que un elemento dun aparato ou dun sistema realice unha determinada función.

    1. s

      Cada un dos instrumentos que actúan sobre os mecanismos dun vehículo, dunha máquina ou dun motor, modificando algunha característica, e que permiten a dirección e o control do funcionamento.

    2. mandos de voo [AERON ]

      Conxunto dos dispositivos que permiten accionar os temóns dunha aeronave para controlar o seu movemento.

Citas

  • Non me deas ordes que non tes mando sobre min
  • O mando do escuadrón deu a orde de atacar