libre

libre

lat liber

Plural: libres
  1. adx
    1. Que pode actuar e decidir con liberdade.

    2. Que non está preso, suxeito nin encerrado.

    3. Que non é escravo.

    4. Aplícase ao país ou rexión que non está baixo o dominio doutro.

    5. Aplícase ao país ou estado no que se respecta os dereitos dos cidadáns.

    6. [BOT ]

      Aplícase ás pezas florais que non están soldadas.

    1. adx

      Que non está sometido a regras nin condicións.

    2. adx

      Que se pode mover con liberdade.

    3. adx

      Que non presenta obstáculos.

    4. adx

      Que se pode acceder con liberdade.

    5. adx [EDUC ]

      Aplícase ao tipo de ensino en que o alumno ten dereito a examinarse sen que asistise a clase.

    6. adx [TECNOL ]

      Aplícase á peza dunha máquina que se pode mover de xeito independente da engrenaxe.

    7. adx [FÍS/QUÍM ]

      Aplícase a un corpo químico que non está combinado.

    8. acento libre [LING ]

      Acento propio das linguas que, por razón da súa estrutura, admiten en sílabas distintas das palabras, segundo as diversas circuntancias fonéticas, morfolóxicas e sintácticas.

    9. forma libre [LING ]

      Forma que pode ser usada como unha proposición.

    10. libre comercio [ECON ]

      Forma do tráfico mercantil no que a circulación das mercadorías se establece segundo decisións individuais.

    11. mans libres [TECNOL ]

      Dispositivo que, acoplado a un teléfono móbil, serve para poder facer ou recibir chamadas sen necesidade de empregar as mans, activando o teléfono por medio da voz ou presionando só unha tecla.

    12. tradución libre

      Tradución que ten en conta as peculiaridades estilísticas da lingua e do texto que se está a traducir, e que se axusta ao sentido e non á literalidade das palabras.

    13. variación libre [LING ]

      ariación que se dá cando dúas unidades foneticamente distintas poden aparecer nun mesmo contexto sen presentar un contraste mutuo.

    14. vogal/sílaba libre [LING ]

      ogal que non vai seguida de consoante na mesma sílaba.

  2. adx [DEP ]

    Aplícase ao exercicio ou proba en que o participante ten unha certa liberdade para a súa realización.

  3. adx [DEP ]

    Aplícase ao xogador sen unha posición nin marcaxe fixa que, no fútbol, se dedica fundamentalmente a labores de defensa. Tm s.

  4. adx
    1. Que non está ocupado ou cheo.

    2. Que non está comprometido.

    3. Que está solteiro ou solteira e sen compromiso.

  5. adx
    1. Que non ten nada negativo.

    2. Que está dispensado de algo.

  6. adx

    Aplícase ao tempo do que se dispón fóra do traballo ou das obrigas habituais.

    1. enerxía libre

      Enerxía que relaciona a variación da enerxía interna (U) ou da entalpía (H) coa variación da entropía (S), e que serve para indicar en que dirección evolucionará de xeito espontáneo o sistema.

    2. enerxía libre de Gibbs [G]

      Enerxía libre nun proceso a presión constante, e que vén definida pola ecuación G=H-TS, onde H é a entalpía do proceso, S a entropía e T a temperatura.

    3. enerxía libre de Helmholtz [F]

      Enerxía libre nun proceso a volume constante, e que vén definida pola ecuación F=U-TS, onde U é a enerxía interna do proceso, S a entropía e T a temperatura.

Confrontaciones

ceibe

Citas

  • A vaixela trae unha garantía que certifica que está libre de defectos, Xa estou libre de preocupacións por uns días
  • Despois de quitar a neve a estrada quedou libre
  • É un home libre e pode saír con quen queira
  • Es libre de casar con quen queiras, Gústalle ser libre e non lle ter que dar contas a ninguén
  • Estas luvas déixanche os dedos libres para poder escribir
  • Hoxe hai unha conferencia con entrada libre
  • Non hai pasaxes libres, xa está todo reservado
  • O movemento hippy defendía o amor libre
  • O piso está libre de cargas
  • O proceso de descolonización fixo libres a moitos países africanos
  • Os países libres condenaron a opresión das dictaduras
  • Quedou libre tras cumprir a condena, Deixou libre as troitas que non daban a medida
  • Se mañá tes libre un momento podemos tomar un café xuntos
  • Xa non quedaban asentos libres no autobús, Mira se hai espacio libre na neveira