letra

letra

lat littĕra

Plural: letras
    1. s

      Cada un dos signos que representan os sons dunha lingua.

    2. s

      Modo particular de escribir dun individuo, ou que se emprega nun país ou nunha época. Así, fálase de letra visigótica, uncial, cursiva ou itálica, caligráfica ou notarial.

    3. letra de imprenta/de molde

      Letra maiúscula escrita á man que imita os trazos das letras impresas.

  1. s f

    Grupo de palabras que forman un texto, en oposición ao contido.

  2. s f [MÚS ]

    Conxunto de palabras ás que se lles pon música para ser cantadas.

  3. s f pl

    Comunicación escrita que se dirixe a unha persoa ausente.

  4. s f [GRÁF ]

    Peza fundida de metal de forma prismática rectangular, cunha grafía gravada na súa base, ou calquera outro tipo de representación gráfica, que se emprega para imprimir nun papel.

  5. s f pl
    1. Ámbito cultural en que predomina o cultivo das disciplinas humanísticas, sobre todo a literatura.

    2. Conxunto de estudos humanísticos que comprende a literatura, a filosofía, a historia e a filoloxía, por oposición aos estudos científicos ou técnicos.

    3. Instrución ou cultura que ten alguén.

  6. letra de cambio [DER ]

    Documento mercantil que un librador dirixe a un librado para que se lle pague a unha terceira persoa, beneficiario, unha determinada suma de diñeiro no lugar e prazo designados pola letra. Emprégase como instrumento de crédito ou medio de pagamento.

  7. letra real [ARQUIV ]

    Documento, menos solemne ca os preceptos e os diplomas que, a semellanza das letras apostólicas, usaron as chancelarías dos reinos occidentais.

Sinónimos

Confrontaciones

grafía, misiva

Frases hechas

  • Letra por letra. Con minuciosidade e sen esquecer ning

  • Letra por letra. Con minuciosidade e sen esquecer ning

  • 2 Con exactitude e rigor. Ex: Fixo o que lle mandei

  • 2 Con exactitude e rigor. Ex: Fixo o que lle mandei