carta

carta

lat charta gr χάρτης ‘carta’

Plural: cartas
    1. s

      Comunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra.

    2. carta aberta

      Carta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.

    3. carta certificada

      Carta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.

  1. s f [XOGO ]

    Folla rectangular de cartolina con figuras pintadas nun dos lados, que forma parte dun conxunto de 48 a 52 elementos divididos en catro series ou paus.

  2. s f

    Documento que acredita determinados dereitos ou servizos para a identificación persoal con validez oficial.

    1. s

      Mapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.

    2. carta aeronáutica [AERON ]

      Mapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea.

    3. carta celeste [ASTRON ]

      Representación que se fai nun plano das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste.

    4. carta do tempo [METEOR ]

      Carta ou mapa nos que se representan os datos e as análises que describen o estado da atmosfera sobre unha grande área nun momento determinado.

    5. carta magnética [XEOG ]

      Mapa no que se representan as características magnéticas dunha zona determinada.

    6. carta mariña/de marear/náutica/de navegación [MAR ]

      Mapa destinado principalmente aos navegantes, no que se describe a costa, a localización dos escollos ou elementos perigosos para a navegación e que ofrece referencias do fondo mariño e dos sinais que poden servir de guía ao bordear a costa ou penetrar nun porto.

  3. s f

    Lista impresa dos pratos e bebidas que se poden consumir nun establecemento de hostalaría.

  4. s f
    1. Calquera documento, título ou contrato escrito.

    2. Diploma ou acta solemne.

    1. s

      Documento polo que o rei ou un nobre recoñecía certos privilexios ou facía constancia dunha doazón.

    2. carta de couto

      Documento emanado da Corte castelá-leonesa durante o s XII, polo que o rei concede a un señor, normalmente un mosteiro, unha serie de dereitos sobre un territorio e os seus habitantes, que consisten en prestacións persoais e económicas.

    3. carta de poboamento

      Documento no que se recolle a concesión outorgada polo monarca ou polo señor dunhas terras despoboadas aos novos habitantes dun lugar, e que regula e establece as normas e condicións polas que se rexerá a vida xurídica da comunidade no futuro.

    4. carta foral

      Documento propio dos reinos hispánicos medievais, que xurdiu a partir do s XI, e polo que o rei concedía aos concellos o dominio dun amplo territorio e acordaba con eles as condicións de participación no seu repoboamento.

    5. carta fundacional

      Documento polo que, xeralmente o rei, recoñecía a fundación dun mosteiro ou igrexa, acompañado dunha enumeración dos bens que pertencían á institución e dos membros que a compoñían nese momento.

    1. carta apostólica

      Carta emanada do papa como persoa pública.

    2. carta pastoral

      Escrito de exhortación, consello ou información que o bispo envía á clerecía ou ao pobo da súa diocese.

    1. carta credencial

      Documento que recibe un embaixador ou ministro para que sexa oficialmente recoñecido.

    2. carta municipal/provincial

      Réxime xurídico especial de carácter organizativo e económico que pode conceder o Estado aos concellos ou ás deputacións.

    1. carta de despedimento

      Documento polo que o empresario notifica a un traballador que vai ser despedido do seu posto de traballo, e no que se inclúen as razóns do mesmo e a data da súa entrada en vigor.

    2. carta de pagamento

      Documento no que o acredor confesa recibir do debedor a cantidade debida.

    1. s

      Declaración programática e fundamental de principios xerais.

    2. carta magna

      constitución.

    3. carta outorgada

      Documento constitucional concedido por un monarca sen intervención das cámaras representativas.

  5. carta de axuste [COMUN ]

    Debuxo que aparece nos canais de televisión para comprobar a calidade da imaxe, formado por figuras xeométricas, bandas e liñas de diferentes cores.

Sinónimos

Confrontaciones

misiva

Citas

  • A carta do restaurante no que ceamos estaba en francés
  • A entrada ao teatro é máis barata se levas a carta de estudiante
  • Recibín unha carta súa a semana pasada e respondinlle onte

Frases hechas

  • A carta cabal. Por completo, pondera sempre unha calidade moral.

  • Perder con boas cartas. Non lograr algunha pretensi

  • Tomar cartas no asunto. Intervir nun tema ou negocio.

  • Xogar a derradeira carta. Facer un

  • A cartas cartas e a palabras palabras. Tratar a unha persoa con respecto.

  • A cartas vistas. Con total sinceridade.

  • Botar as cartas. Facer certas combinaci

  • Cartas cantan. Empr

  • Dar carta branca. Deixarlle a algu

  • Escribir unha carta. Defecar.

  • Non ver cartas. Non ter boas cartas no xogo.