lentella
lentella
lat lenticŭla
-
s
f
[PLANTA ]
Planta herbácea anual, da familia das fabáceas, de follas paripinnadas terminadas en gabián, flores, violáceas ou brancas, inseridas nuns pedúnculos e con froito con forma de legume que posúe semente lenticular e comestible.
-
s
f
Semente comestible que se cultiva desde a Antigüedade para alimentación humana e como forraxe dos animais. Contén moitos nutrientes xa que é rica en vitaminas B 1 , B 3 e B 6 , abundante en ferro e tamén en cinc e selenio.
-
s
f
[PAT ]
Mancha pequena da pel, de cor terrosa, coa forma dunha lentella.
-
s
f
[METROL ]
Disco de metal que vai fixado á extremidade inferior do péndulo dun reloxo de parede.
-
lentella de auga
[PLANTA ]
Planta herbácea, da familia das lemnáceas, acuáticas, flotantes, do tamaño e forma dunha lentella de cor verde.