lente

lente

lat lente ‘lentella’

Plural: lentes
  1. s f [FÍS ]

    Sistema óptico formado por dúas superficies refrinxentes, unha delas curva, cun eixe común, denominado eixe principal. Atendendo á forma das superficies, clasifícansen en biconvexas, plano-convexas, cóncava-convexas, plano-cóncavas e bicóncavas, e atendendo á maneira de desviar os raios de luz, en converxentes e diverxentes.

  2. s f [IMAX ]

    Peza de vidro de formas variadas que se empregan para refractar a luz dun modo concreto, e que están deseñadas para actuar conxuntamente con outros elementos do obxectivo e así poder obter unha imaxe nítida.

  3. s f

    Utensilio que esta formado por dúas lentes fixas munha armazón que se aopia no nariz e nas orellas e que se emprega para correxir defectos visuais.

  4. lente de contacto [MED ]

    Cápsula de plástico ou de vidro, discoide, cóncava-convexa que se aplica sobre a córnea para corrixir algún defecto da visión.

  5. lente electrónica [FÍS ]

    Dispositivo que permite desviar ou enfocar un feixe electrónico.

  6. lente gravitacional [ASTRON ]

    Efecto de desdobramento da imaxe que se produce ao pasar a luz dun obxecto celeste arredado preto doutro máis próximo.

  7. lentes de Fresnel [FÍS ]

    idros ou plásticos tallados, derivados de lentes plano-convexas, que fan que os raios de luz que chegan paralelos ao eixe óptico, se concentren nun só punto ou foco, e cando saen deste, fanos paralelos nun tubo de luz.

Sinónimos