lastre

lastre

neerl last ‘carga’

Plural: lastres
  1. s m
    1. [AERON ]

      Contrapeso, nos globos aerostáticos, constituído por sacos de area que se deixan caer para elevalos.

    2. [MAR ]

      Materiais pesados que se estiban no fondo dunha nave ou bote para facer baixar o seu centro de gravidade e asegurar unha maior estabilidade.

  2. s m

    Aquilo que dá estabilidade ao carácter ou á conduta de alguén.

  3. s m

    Obxecto ou circunstancia que obstaculiza a realización de algo e do que custa librarse.

  4. lastre xenético [XEN ]

    Proporción en que diminúe a eficacia biolóxica dunha poboación respecto á óptima como consecuencia da presenza dun conxunto de xenes letais.

Confrontaciones

carga

Citas

  • A súa condición sexual sempre foi un lastre na súa vida social
  • Éche moi novo, aínda lle falta lastre

Palabras vecinas

lastrado -da lastrar lastrar lastre lata latada latado