laminación

laminación

laminar

Plural: laminacións
  1. s f

    Acción e efecto de laminar.

  2. s f [IND ]

    Operación de laminar un material plástico, na que se modifica a estrutura interna do material orientando a fibra na dirección lonxitudinal da peza, de xeito que a plasticidade e a resistencia mecánica aumenten nesta dirección.

  3. s f [IND ]

    laminado.

  4. s f [IND ]

    Proceso que consiste en pasar unha masa de vidro fundido entre dous cilindros ou rolos para obter cristais planos.

  5. s f [XEOL ]

    Disposición de elementos detríticos dunha capa e bandas finas paralelas, onduladas ou oblicuas, chamadas láminas.

  6. s f [XEOL ]

    Adelgazamento que sofren algúns estratos xeolóxicos nas rexións que se atopan sometidas a movementos tectónicos.