inversión

inversión

lat inversĭōne

Plural: inversións
  1. inversión de fase [FÍS ]

    Cambio de fase dunha onda en π radiantes.

  2. s f

    Acción e efecto de inverter ou inverterse.

  3. s f [FÍS ]

    Cambio de sentido da corrente eléctrica.

  4. s f [MAT ]

    Transformación xeométrica do plano ou do espazo que, dado un punto O, denominado centro de inversión, e un número k, denominado potencia, fai corresponder a cada punto P outro punto P’, de maneira que O, P e P’ son aliñados, e os segmentos OP e OP’ completen a relación OP · OP’= k.

  5. s f
    1. Operación que afecta á disposición dun intervalo, elevando o son grave unha oitava ou baixando tamén unha oitava o son máis agudo.

    2. Disposición dun acorde en que non coincide a nota máis grave coa nota fundamental.

    1. s

      Anomalía que consiste no feito de que un ou máis órganos están no lado contrario ao que ocupan normalmente.

    2. inversión uterina

      Invaxinación do útero de maneira que a parte interna é convertida en externa polo descenso máis ou menos acusado do fondo do útero á cavidade uterina ou vaxinal.

  6. s f
    1. Reacción pola que un composto se transforma no seu isómero oposto.

    2. Reacción en que se inverte a configuración absoluta dun carbono asimétrico.

  7. inversión cromosómica [XEN ]

    Aberración cromosómica que consiste nunha inversión na orde de colocación da secuencia dun grupo de xenes.

  8. inversión sexual [PSIC ]

    Comportamento do individuo que rexeita como propios os papeis que lle foron asignados pola sociedade ao seu sexo. Pódese aplicar este termo á homosexualidade, ao travestismo e á transexualidade.

  9. inversión térmica [METEOR ]

    Aumento da temperatura do aire cando debería descender segundo o gradiente térmico, consecuencia da irradiación nocturna do solo nunha situación anticiclónica invernal.

  10. zona de inversión [FÍS ]

    Zona do semicondutor próxima ao illante, nun dispositivo metal-illante-semicondutor, onde se produce unha acumulación de portadores minoritarios que inverten o carácter eléctrico do semicondutor.