inverno

inverno

lat hibernu, de tempus hibernus ‘tempo invernal’

Plural: invernos
s m [CLIMAT ]

Estación do ano que segue ao outono e precede á primavera, caracterizada por ser a de menores temperaturas, que no hemisferio boreal comeza o 21 de decembro e remata o 21 de marzo, e no hemisferio austral comeza o 21 de xuño e conclúe o 21 de setembro.

Refranes

  • A inverno chuvioso, verán abondoso.
  • Cando no inverno oíres tronar, vende os bois e bótao en pan.
  • Cando Santos acaba, o inverno empeza.
  • Con ben pan e moita leña o inverno a ninguén empeña.
  • En tempo mollado vende a la e deixa o fiado.
  • Entre Santos e Navidade é inverno de verdade.
  • Inverno de xeadas, moito gran e pouca palla.
  • Non hai no inverno mal can nin ruín pólvora no verán.
  • O gando no inverno quere estar ben mantido.
  • O inverno come e non cría.
  • O veranciño de san Martiño, ou grande ou pequeniño.
  • Santos e Nadal, inverno camal.
  • Sol de inverno sae tarde e ponse cedo.
  • Un mes antes e outro despois de Navidade é inverno de verdade.