intrínseco -ca
intrínseco -ca
lat intrinsĕcu ‘interiormente’
-
adx
Que pertence á natureza esencial, á constitución íntima dunha cousa.
-
adx
[FÍS ]
Aplícase ao semicondutor puro e con propiedades eléctricas correspondentes ás dun cristal ideal.
-
adx
[MAT ]
Aplícase ao teorema, á propiedade ou á ecuación que non depende do sistema de coordenadas escollido.
Citas
- A moeda de ouro ten un valor intrínseco e outro nominal