inconveniente

inconveniente

lat inconvenĭente

Plural: inconvenientes
  1. adx

    Que non é conveniente.

  2. s m

    Dificultade ou obstáculo que impide a realización de algo.

  3. s m

    Aspecto desfavorable ou negativo que presenta algo.

  4. s m

    Cousa desagradable ou prexudicial.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

impedimento, obxección

Citas

  • Aquela apresurada decisión tróuxolle moitos inconvenientes
  • Atopo varios inconvenientes en pór só unha ventá
  • Por mor de sucesivos inconvenientes, non puideron entregar o traballo nos prazos
  • Tiveron unha visita inconveniente, Tivo unha reacción inconveniente

Refranes

  • Casar, bo é de facer; pero é malo de roer/de soster.
  • En todos lados hai unha legua de mal camiño.
  • Non hai carne sen óso.
  • Non hai mel sen fel.
  • Non hai rosas sen espíñas.
  • Non hai sardiña sen espiña.
  • Non se pescan as troitas coas bragas enxoitas.
  • Non se pode guiar ben o carro, se non se tripa o barro.
  • O que troitas quere pescar, as calzas ten que mollar.