incompatibilidade

incompatibilidade

1 in- + compatibilidade

Plural: incompatibilidades
  1. s f

    Calidade de incompatible.

  2. s f [BOT ]

    Dificultade ou imposibilidade de autopolinización, determinada por dispositivos hereditarios diversos.

  3. s f [DER ]

    Imposibilidade legal de exercer varios cargos se un deles, cando menos, é público.

  4. s f [MED ]

    Anulación do efecto dun medicamento pola acción doutro.

Antónimos

Citas

  • A incompatibilidade de horarios facía que se visen pouco