compatibilidade

compatibilidade

compatible

Plural: compatibilidades
  1. s f

    Capacidade de coexistir en harmonía con outra persoa ou cousa.

  2. s f [INFORM ]

    Calidade de dous ordenadores pola que un deles pode executar correctamente un programa do outro ordenador sen necesidade de ningunha corrección.

  3. s f [MAT ]

    Calidade dos sistemas de ecuacións que teñen solución.

  4. s f [MAT ]

    consistencia.

  5. s f
    1. Característica dun sistema estereofónico de son que permite a gravación e a reprodución de programas estereofónicos mediante un equipo monofónico, e viceversa.

    2. Característica dun sistema de radiodifusión en frecuencia modulada que permite que as emisións estereofónicas se poidan recibir por un receptor monofónico, e viceversa.

  6. compatibilidade sanguínea [FISIOL ]

    Posibilidade de mestura de dous sangues sen que se produzan trastornos, tales como os fenómenos de lise ou de aglutinación.