imposibilidade
imposibilidade
lat impossibilĭtāte
-
s
f
Condición de imposible.
-
s
f
Incapacidade para realizar algo.
Antónimos
Citas
- A luxación foi debida á imposibilidade de movemento do ombro
Refranes
- A miña roca espenuxada, a miña sogra soterrada e o meu home por nacer, iso si que non pode ser.
- Anque tome moitos baños, o negro non se fai branco.
- Asoprar e sorber non pode ser/non se pode facer.
- Boi que non vai ao mercado, nin é vendido nin comprado.
- Botar sopas e sorber, non pode ser.
- Botar sopas e sorber, todo xunto, non se pode facer.
- Comer e sorber non pode ser.
- Dáme unha pega sen mancha, dareiche unha mazá sen chata.
- De rum pano, nunca bo saio.
- Desa maneira non hai maneira.
- Dúas árbores secas nunca florecen nin reverdecen.
- Gastar e non ter, non pode ser.
- Gastar sen ter, non se sabe como pode ser.
- Mentres se engule, non se cuspe.
- Nin bo Xan nin bo Pedro nin boi marelo enriba do rego.
- Ninguén pode dar o que non ten.
- Ninguén pode servir ben a dous señores.
- Non pode un repenicar e andar na procesión.
- Non se pode repenicar e andar na procesión.
- Non se pode sacar sangue de onde non o hai.
- O día de onte non volve máis.
- O que foi onte xa non será: que o tempo non anda para atrás.
- Pedra solta non ten volta.
- Quen non ten pes non pode dar couces.
- Soprar e sorber non se pode facer.
- Sorber e soprar non se pode facer á par.
- Urdir e tecer non pode ser.