hóspede

hóspede

lat hospĭte

Plural: hóspedes
  1. s

    Persoa que está aloxada nun lugar, como invitada ou mediante pagamento.

  2. s m [ECOL ]

    Animal ou vexetal que aloxa no interior do seu corpo un parasito.

  3. sistema hóspede-convidado [QUÍM ]

    Sistema molecular que se basea na capacidade dunha molécula para acoller outra. As moléculas hóspede tamén se denominan receptores sintéticos e imitan o mecanismo dos encimas.

Citas

  • A fonda estaba chea de hóspedes
  • O hóspede atendeu os convidados con moita amabilidade

Refranes

  • A hóspede bo, prato grande.
  • Casa revolta, hóspedes agarda.
  • Hóspede con bonitura, faille mal a bulsa.
  • Hóspede que se convida, fácil é de contentar.
  • Hóspede tardeiro non vén baleiro.
  • Iranse os hóspedes e comerémo-Io galo.
  • Moito gasta o hóspede que vén pero máis gasta o que o mantén.
  • O hóspede e o peixe aos tres días feden.