hospedaxe

hospedaxe

hospedar

Plural: hospedaxes
  1. s f

    Acción de hospedar ou hospedarse.

  2. s f
    1. Establecemento hostaleiro destinado a recibir hóspedes.

    2. Lugar en que alguén se hospeda.

  3. s f

    Cantidade de diñeiro que se paga por hospedarse nun lugar.

  4. s f [HIST/DER ]

    Obriga que tiñan os vasalos durante a Idade Media de aloxar ao seu señor feudal durante as visitas que realizaba aos lugares sobre os que exercía o señorío.

Confrontaciones

albergue, hostal, hotel, pensión

Citas

  • Ten a súa hospedaxe na casa duns familiares, Construíron unha hospedaxe preto de aquí

Refranes

  • Ninguén seria mesoneiro, se non fose polo diñeiro.