hipopótamo

hipopótamo

lat hippopotămu gr ἱ πποπόταμος

Plural: hipopótamos
  1. s m [ANIMAL ]

    Mamífero artiodáctilo, da familia dos hipopotámidos, de gran tamaño, de pel grosa e núa, cabeza e boca grandes e patas curtas, coas orellas, os ollos e os orificios nasais en posición periscópica no plano superior da cabeza.

  2. hipopótamo enano [ANIMAL ]

    Mamífero artirodáctilo, da familia dos hipopotámidos, que presenta formas arredondadas e patas relativamente delgadas. É solitario, de hábitat forestal e de costumes nocturnos.