hipopotámido -da

hipopotámido -da

lat científico Hippopotamus

Plural: hipopotámidos Masculino: hipopotámido Masculino plural: hipopotámidos Feminino: hipopotámida Feminino plural: hipopotámidas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hipopotámidos.

  2. s m [ANIMAL ]

    Mamífero da familia dos hipopotámidos.

  3. s m pl [ANIMAL ]

    Familia de mamíferos artiodáctilos, da suborde dos suiformes, que teñen o corpo macizo, as extremidades curtas, grosas e tetradáctiles, o rabo curto, comprimido lateralmente, e a cabeza maciza co fociño ancho. Son herbívoros e os dentes incisivos e caninos teñen crecemento continuo.