harmónico -ca

harmónico -ca
Plural: harmónicos Masculino: harmónico Masculino plural: harmónicos Feminino: harmónica Feminino plural: harmónicas
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á harmonía.

    2. Que produce ou ten harmonía.

  2. adx [MÚS ]

    Aplícase aos sons secundarios ou concomitantes nos que se descompón un son musical. Tm s.

  3. s m [FÍS/MAT ]

    Cada un dos termos da serie de Fourier dunha función (análise de Fourier).

  4. s m [LING ]

    Membro acústico simple que se integra con outros mediante unhas leis regulares para determinar unha onda composta.

  5. dobramento harmónico [XEOL ]

    Aplícase ao dobramento que ten todos os estratos igualmente deformados de feito que conservan o paralelismo.