guía

guía

guiar

Plural: guías
  1. s
    1. Persoa ou animal que dirixe ou conduce a outros.

    2. Persoa que mostra a turistas ou visitantes as cousas máis notables dun lugar.

    3. [BÉL ]

      Soldado que se coloca en primeira fila para facilitar unha boa aliñación nos exercicios militares.

  2. s f
    1. Libro que contén os datos e as indicacións necesarias para informar ou orientar sobre algo.

    2. Lista impresa ordenada alfabeticamente que proporciona datos sobre algo.

    3. Cousa que encamiña ou serve de orientación.

  3. s f

    Póla nova, alta, grosa e dereita que sae directamente do tronco.

  4. s f

    Póla que se deixa para guiar as demais no seu crecemento.

  5. s f col

    Cordón umbilical.

  6. s f
    1. Obxecto, peza ou mecanismo que serve para dirixir o movemento dalgunha cousa.

    2. [MAR ]

      Peza de aceiro ou doutro material que, firme en calquera parte do barco, serve para dirixir cabos.

  7. s f [MAR ]

    Cabo que se emprega para amarrar as embarcacións aos costados dos buques.

  8. s f

    Peza de madeira provista dunha canle pola que esvara o pau da vela.

  9. s f [MAR ]

    Mastro da vela.

  10. s f [XEOL ]

    eta ou filón que indica as propiedades da terra nunha mina.

  11. s f [BÉL ]

    Documento identificativo e oficial dunha arma de fogo.

  12. guía de ondas [FÍS ]

    Dispositivo que confina e propaga unha onda electromagnética cun mínimo de perdas de enerxía por radiación.

Citas

  • A guía do museo, O guía do autobús non sabía francés
  • As súas palabras foron unha guía de sabedoría para o meu libro
  • Deixaron na porta a guía de teléfonos
  • Merquei unha guía da catedral de Santiago de Compostela