gueto

gueto

ital ghetto

Plural: guetos
  1. s
    1. [HIST ]

      Barrio habitado pola comunidade xudía.

    2. Barrio ou lugar dunha cidade habitado por un determinado grupo étnico ou comunidade marxinal.

  2. s m [SOCIOL ]

    Sector social, delimitado xeograficamente, en que a maioría da poboación ten unhas características propias e diferenciadas que fan que se segregue do resto da poboación á que pertence.