grande

grande

lat grande

Plural: grandes
  1. adx
    1. Que ocupa moito espazo ou moita superficie.

    2. Que ten un tamaño excesivo con respecto a outro.

  2. adx

    Que é moi alto ou forte.

  3. adx

    Aplícase á persoa adulta ou á que ten máis idade ca outra. Tm s.

  4. adx
    1. Que é moi forte ou intenso. OBS: Emprégase, fronte á forma apocopada gran, diante dos nomes en plural ou que comezan por vogal.

    2. Aplícase co significado de ‘maior’, cando este se emprega con sentido non material.

  5. adx

    Que está en moito número ou cantidade.

  6. adx

    Que é o principal ou o superior nunha serie de cargos.

  7. adx

    Que é importante, famoso ou que ten moito valor.

  8. s m pl

    Persoas de idade adulta.

  9. s m pl fig

    Persoas ricas e poderosas.

  10. grande de España [HIST ]

    Título que representa a xerarquía superior do estamento nobiliario español, inmediatamente despois do título de infante e anterior aos outros títulos do Reino. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

Confrontaciones

maior

Citas

  • A gran présa, gran vagar, Gran fartura, véspera de tristura
  • A gran salto, gran crebanto, De quen non se pensaba gran pedrada, Onde hai grande amor, hai gran dor
  • Adxudicáronlle a obra a un grande arquitecto, Fan grandes esforzos para chegar a fin de mes
  • Becacina grande, Folosa grande
  • Cando sexas grande poderás ir onde queiras, Falo ti porque es o grande do grupo
  • Comprou a casa máis grande da vila
  • Falar con el, foi o máis grande disparate que puido cometer
  • Levou un golpe grande nunha perna, Sofre grandes dores de cabeza, Na tradición oral recóllense ditos como:
  • Nomeárono gran mestre da súa orde
  • O novo edificio terá unha grande altura, Realizaron grandes esforzos para rematar o traballo, Na tradición oral recóllense ditos como:
  • O pantalón estache grande de máis
  • Os grandes sempre poden cos humildes
  • Vinlle os rapaces moi grandes, coñéceselles ben a medra