alzar

alzar

lat *altiāre, de altus

  1. v t

    Poñer a un nivel máis alto. Tm v pron.

  2. v t fig

    Elevar algo a unha condición superior ou a un grao superior de intensidade.

  3. v t [ECON ]

    Incrementar o prezo dalgunha cousa.

  4. v t

    Construír algunha cousa que sobresae dunha superficie e que acada certa altura.

  5. v t

    Incitar á rebelión.

  6. v t [GRÁF ]

    Dispoñer follas ou pregos impresos e colocalos segundo unha orde para que poidan ser ligados.

  7. v pron

    Levantarse en rebelión.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Alzaron un edificio por riba dun que construíran hai tres anos
  • Alzou a man para preguntarlle as dúbidas ao profesor
  • Alzou o pobo contra o señor do castelo
  • Alzouse sobre os demais e encestou na canastra
  • Como volvan alzar a voz quedarán castigados sen recreo
  • Este ano alzaron os impostos un vinte por cen
  • Ó final do paseo que construíron álzase un arco de triunfo
  • Os obreiros alzaron un muro de tres metros
  • Os servos alzáronse contra o señor

Palabras vecinas

alzapón alzaprema alzapremar alzar Am ama amábel
Conjugar
VERBO alzar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzo
alzas
alza
alzamos
alzades
alzan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzaba
alzabas
alzaba
alzabamos
alzabades
alzaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alcei
alzaches
alzou
alzamos
alzastes
alzaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzara
alzaras
alzara
alzaramos
alzarades
alzaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzarei
alzarás
alzará
alzaremos
alzaredes
alzarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzaría
alzarías
alzaría
alzariamos
alzariades
alzarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alce
alces
alce
alcemos
alcedes
alcen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzase
alzases
alzase
alzasemos
alzasedes
alzasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzar
alzares
alzar
alzarmos
alzardes
alzaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
alza
-
-
alzade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzar
alzares
alzar
alzarmos
alzardes
alzaren
Xerundio alzando
Participio alzado
alzada
alzados
alzadas