baixar

baixar

lat v *bassiāre bassu ‘baixo’

  1. v t

    Levar a alguén ou algunha cousa a un lugar que está máis baixo.

  2. v t

    Ir dun punto a outro situado nun nivel máis baixo.

  3. v t

    Facer que algunha cousa vaia de máis a menos.

  4. v t

    Estender un anaco de tecido para facer máis longa algunha peza de roupa.

  5. v t [INFORM ]

    Copiar directamente nun ordenador un programa ou documento, conseguíndoo a través dunha rede como a Internet, do mesmo xeito que se se copiase desde un CD-ROM ou un disquete.

  6. v i

    Saír do interior dun vehículo ou deixar de estar sentado nel.

  7. v i

    Ir facéndose algunha cousa máis pequena ou máis escasa.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A masa do biscoito baixa se lle abres a porta ao forno mentres se está cocendo, Cada vez que me dás unha insatisfacción, baixan os meus ánimos
  • A ver se podes recollerme ese pano do chan que levei un golpe nas costas e non podo baixarme, Baixáronseche os calcetíns e vénseche os nocellos
  • Baixa un pouquiño a xerra, que así non verte, Non quero que baixes a cabeza cada vez que falo contigo
  • Baixa xa desa rocha que vas caer
  • Baixamos a corredoira ao trote
  • Baixamos a temperatura da calefacción porque era excesiva, Nas rebaixas sempre baixan os prezos das cousas
  • Baixou os libros do faiado
  • Baixou unha perna do pantalón máis cá outra
  • Caín ao baixar do autobús
  • Incomodouse sen motivo e aínda non quere baixarse a falar comigo
  • Nas vacacións baixaron ata as illas Canarias
  • O Madrid baixou dous postos na clasificación
  • Quixemos baixar ata a beira do río, pero había demasiados toxos

Frases hechas

  • Baixar a cabeza. Obedecer.

  • Baixar a(s) orella(s). Humillarse ou obedecer sen protestar.

  • Baixar os santos do ceo. Dise dunha persoa cando est

  • Baixarlle a crista/as orellas. Vexar a algu

  • En todas partes erguen e baixan. En todos os lugares acontecen as mesmas cousas.

  • Non baixar da burra. Insistir con obstinaci

Conjugar
VERBO baixar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixo
baixas
baixa
baixamos
baixades
baixan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixaba
baixabas
baixaba
baixabamos
baixabades
baixaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixei
baixaches
baixou
baixamos
baixastes
baixaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixara
baixaras
baixara
baixaramos
baixarades
baixaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixarei
baixarás
baixará
baixaremos
baixaredes
baixarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixaría
baixarías
baixaría
baixariamos
baixariades
baixarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixe
baixes
baixe
baixemos
baixedes
baixen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixase
baixases
baixase
baixasemos
baixasedes
baixasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixar
baixares
baixar
baixarmos
baixardes
baixaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
baixa
-
-
baixade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baixar
baixares
baixar
baixarmos
baixardes
baixaren
Xerundio baixando
Participio baixado
baixada
baixados
baixadas