glicósido

glicósido
Plural: glicósidos
  1. s m [BIOQ ]

    Composto constituído por un azucre que se une a un radical non carbohidratado. Denomínanse O-glicósidos se o enlace se pode dar entre un azucre e un alcohol ou un ácido carboxílico, e N-glicósidos se se orixinan por deshidratación entre o hidroxilo hemiacetálico e un grupo HN.

  2. glicósido cardíaco [MED ]

    Produto natural de estrutura glicosídica que ten o mesmo esqueleto fundamental ca os esteroides.