funcionalismo

funcionalismo

funcional

Plural: funcionalismos
  1. s m

    Condición de funcional.

  2. s m [ARTE ]

    Posición teórica fronte á arquitectura, do moble e do deseño, que fai da estrita adaptación da forma á finalidade da obra o principio de actuación do deseñador.

  3. s m [LING ]

    Corrente lingüística continuadora do estruturalismo que destaca o carácter instrumental da linguaxe e o papel dos falantes, considerando que a estrutura das linguas vén determinada polas funcións que lle dan os seus usuarios.

  4. s m [FILOS ]

    Teoría, iniciada por D. Armstrong e H. Putnam, que considera que a condición para estar nun estado mental vén dada polas relacións causais deste.

  5. s m [SOCIOL ]

    Teoría sociolóxica creada por Talcott Parsons que considera a sociedade como un sistema cun equilibrio estable onde as estruturas sociais posúen un carácter funcional.