función

función

lat functĭōne

Plural: funcións
    1. s [BIOL ]

      Acción especial, propia ou normal dun órgano ou dun aparato dun ser vivo.

    2. función biolóxica [BIOL ]

      Resultado da actividade dun órgano ou sistema.

    3. función clorofílica [BIOQ ]

      fotosíntese.

    1. s

      Acción propia ou característica dunha facultade natural.

    2. función psíquica [PISC ]

      Acción propia dunha facultade psíquica ou dun proceso mental dentro da actividade total psicolóxica dun individuo, que constitúe un conxunto de operacións interdependentes.

  1. s f

    Acción propia dunha máquina.

    1. s

      Acción que corresponde a unha persoa segundo o seu cargo, oficio, ou emprego.

    2. función pública

      Función que compete aos organismos, ás autoridades, aos axentes e aos auxiliares do poder público.

    3. función urbana [XEOG ]

      Actividade ou conxunto de actividades que predominan nunha cidade en relación ao seu contorno (comercial, turística, administrativa).

  2. s f
    1. [ESPECT ]

      Cada unha das representacións dunha obra dramática dentro do espazo escénico.

    2. [ESPECT ]

      Calquera tipo de representación de circo, teatro ou variedades.

    3. [RELIX ]

      Cerimonia relixiosa.

    1. s

      Aplicación dun conxunto numérico noutro conxunto numérico, de xeito que a cada elemento dun conxunto lle corresponde un só valor do outro conxunto. Unha función entre dous conxuntos A e B represéntase mediante a notación: f:AB.

    2. función acoutada

      Función tal que o percorrido é un conxunto acoutado.

    3. función alxébrica

      Función que pode expresarse usando só as operacións de adición, subtracción, multiplicación, división e elevación a unha potencia racional.

    4. función composta de dúas funcións

      Función g̥f:EG definida pola composición de dúas funcións dadas, f:EF e g:FG, que satisfai a asignación (g̥f)(x)= g(f(x)). OBS: Tamén se denomina función de función.

    5. función constante

      Función f:EF tal que existe un a?F para o que f(x)=a para todo x?E.

    6. función continua

      Función que posúe a propiedade da continuidade. Unha función f:D0O→O é continua nun punto a?D se para todo ε>0 existe un δ(a,ε)>0 tal que se |x-a|<δ entón |f(x)-f(a)|<ε.

    7. función crecente

      Función f(x) tal que x≤y f(x)≤f(y).

    8. función decrecente

      Función f(x) tal que x≤y f(x)≥f(y).

    9. función explícita

      Función y=f(x) que permite obter o valor de y facendo sobre x as operacións explicitadas por f, en oposición á función implícita.

    10. función impar

      Función f(x) que cumpre f(-x)=-f(x).

    11. función implícita

      Dada unha función f: O 2 →O, función f:O→O que asigna a un x?O o valor (ou valores) y que cumpre f(x,y)=0, en caso de que existise.

    12. función monótona

      Función sempre crecente ou sempre decrecente.

    13. función par

      Función f(x) que cumpre f(-x)=f(x).

    14. función periódica

      Función f:D0O→O tal que existe un número T?O-{0} que cumpre que x+T?D e f(x+T)=f(x) para todo x?D.

    15. función primitiva dunha función

      Dada unha función f(x), función F(x) tal que F’(x)=f(x) (onde F’(x) é a derivada de f(x)).

    16. función real

      Función que ten O ou unha parte de O como percorrido. OBS: Tamén se denomina función de valores reais.

    17. función simétrica

      Función de diversas variables que ten un valor invariable para calquera permutación das variables.

    18. función transcendente

      Función que non é alxébrica.

    1. función da linguaxe

      Finalidade para a que se usa a linguaxe. A partir de Karl Bühler designou as finalidades coas que é susceptible de usarse a linguaxe na súa función comunicativa. Segundo este autor, estas funcións ou dimensións de uso son a función expresiva, que informa sobre o estado anímico do falante, a función apelativa, que actúa sobre a atención do oínte, e a función representativa, mediante a que se dá algunha explicación. Roman Jakobson distinguiu, ademais, a función fáctica, indicadora dun mantemento da comunicación, a función metalingüística, mediante a que se fala sobre o código lingüístico, e a función poética, que se centra na forma da mensaxe comunicada.

    2. función fónica

      Fin para o que pode servir un elemento ou particularidade fónica nun sistema lingüístico.

    3. función sintáctica

      Relación, identificada mediante un rol ou oficio, que mantén unha parte dunha construción sintáctica con outras partes da mesma construción ou coa construción no seu conxunto.

    1. s

      Forma de captar unha realidade composta por relacións.

    2. s

      Relación dun con outro ou con moitos outros.

    3. función proposicional

      Expresión lóxica indeterminada que pode converterse nunha proposición determinada se as súas variables son substituídas por termos determinados.

  3. s f [SOCIOL ]

    Contribución que un elemento da civilización achega á perpetuación dunha configuración sociocultural determinada.

  4. s f [QUÍM ]

    Conxunto de propiedades características dunha familia de compostos que conteñen na molécula un mesmo grupo funcional.

  5. función de estado [QUÍM ]

    Propiedade dun sistema que só depende do seu estado, definido polo volume, a presión e a temperatura, e que non depende da traxectoria seguida na transformación realizada para chegar a ese estado.

  6. función lóxica [TECNOL ]

    Función que se basea nas operacións da álxebra lóxica ou de Boole, que se efectúa con elementos ou circuítos lóxicos, xeralmente de tipo electrónico ou fluídico.

Citas

  • A función da intelixencia
  • Mobiliario funcional, Arquitectura funcional
  • Non cumpría coas funcións do seu posto