fraude
lat fraude
-
s
f
Engano consciente co que se prexudica a outro en beneficio de quen o realiza.
-
s
f
Cousa de mala calidade ou que defrauda.
-
s
f
[DER ]
Acción contraria á lei ou aos dereitos que dela se derivan, coa intención de tirar un proveito a custa do Estado ou doutros.
-
s
f
[DER ]
Intención de prexudicar a alguén ou de aproveitarse dun erro seu en beneficio propio, tanto no momento de celebrarse un acto ou contrato como durante a súa execución.
-
s
f
[DER ]
Acción de falsear as declaracións ao fisco ou de cometer actos maliciosos en prexuízo deste, coa intención de eludir as obrigas fiscais.
-
fraude de acredores
[DER ]
Negocio xurídico que pode ser obxecto de rescisión cando o debedor priva aos seus acredores da posibilidade de satisfacer os seus créditos.
-
fraude de lei/á lei
[DER ]
Acción realizada ao amparo do texto dunha norma encamiñada a obter un resultado contrario a dereito.
Confrontaciones
estafa, rouboCitas
- Estes zapatos foron unha fraude, porque romperon o mesmo día que os merquei