fósil
fósil
lat fossĭle ‘sacado da terra’
-
adx
[PALEONT ]
Que existiu noutros tempos e que conservou a súa forma primitiva convertido en pedra nos elementos da codia terrestre. Tamén se consideran fósiles as pegadas dos organismos ou impresións climatolóxicas. Tm s m, referido a organismo.
-
adx
Que é anticuado. Tm s.
-
fósil director
[ARQUEOL ]
Elemento arqueolóxico que serve de pauta ou guía para identificar e datar unha etapa histórica.
Citas
- Ese moble ten tantos anos que xa é un fósil, Es un fósil, segues coas mesmas ideas de hai vinte anos