fosforoso -sa
fosforoso -sa
fósforo
-
adx
Relativo ou pertencente ao fósforo.
-
adx
Que contén fósforo.
-
adx
[QUÍM ]
Aplícase aos compostos de fósforo en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +3.
-
ácido fosforoso
[QUÍM ]
Ácido dibásico delicuescente do que se coñecen dúas formas parcialmente deshidratadas: o ácido metafosforoso e o ácido pirofosforoso.
-
óxido fosforoso
[QUÍM ]
Óxido de fósforo en que este actúa con número de oxidación +3.