formigón
formigo
-
s
m
[CONSTR ]
Material que se utiliza en construción, formado por grava, area, cemento pórtland e auga.
-
formigón armado
[CONSTR ]
Formigón composto por unha estrutura interna metálica destinada a resistir esforzos de tracción e flexión que o formigón normal non pode aguantar.
-
formigón en bruto
[CONSTR ]
Formigón no seu estado natural unha vez que se lle retirou o encofrado.
-
formigón hidráulico
[CONSTR ]
Formigón no que se empregou cal hidraúlico.
-
formigón lixeiro
[CONSTR ]
Formigón de pouca densidade que se elabora a base de materiais porosos ou inxectado no seu interior con burbullas de aire, que se emprega para estruturas lixeiras.
-
formigón prefabricado
[CONSTR ]
Formigón en que os seus compoñentes foron mesturados na fábrica ou noutro lugar antes de ser aplicados na obra.
-
formigón pretensado/tensado
[CONSTR ]
Formigón armado que tivo a súa estrutura metálica sometida a tensións para contrarrestar as producidas polas cargas a que se lle somete e evitar así as posibles fendas.