feito -ta

feito -ta

lat factu

Plural: feitos Masculino: feito Masculino plural: feitos Feminino: feita Feminino plural: feitas
  1. p irreg

    facer.

  2. adx
    1. Que chegou á madureza ou ao punto debido.

    2. Que acadou un desenvolvemento completo.

    3. Que está rematado.

  3. adx

    Que é bonito, guapo ou agradable.

  4. adx

    Que resulta ou é xeitoso ou adecuado.

  5. s m
    1. Acción ou acto que se fai ou se fixo.

    2. Fazaña heroica.

  6. s m
    1. Cousa que se produce ou que se produciu.

    2. [FILOS ]

      Estado das cousas no que a súa propia existencia fai verdadeira a proposición.

  7. s m
    1. Caso sobre o que se litiga ou que é motivo dunha causa.

    2. de feito

      Expresión que indica que nunha causa se atende aos acontecementos consumados e non ao dereito aplicado.

    3. feito xurídico

      Acontecemento natural ou humano capaz de producir efectos xurídicos.

    4. feito probado

      Feito que como tal se declara nunha sentenza dos tribunais de instancia e que serve de base para as apreciacións xurídicas en casación.

Sinónimos

Citas

  • A súa conferencia versou sobre o feito diferencial galego, O feito de cantar élle alleo
  • A vaca máis ben feita gañou o premio, Ten un corpo mal feito e ningunha roupa lle senta ben
  • Co novo que é xa ten o corpo feito, Está un mozo feito
  • Éche un neno moi feito
  • Estaban feitos uns lacazáns
  • Gustábanlle os relatos épicos polos feitos gloriosos que relataba
  • Gústanlle as mazás feitas, Come o peixe pouco feito
  • Máis valen feitos ca palabras, Non te arrepintas do feito, que obraches ben
  • Mercou un vestido moi feito, Tenche un terreo moi ben feito para construír a casa
  • Os feitos que se comentan nese libro aconteceron na realidade
  • Se deixas os deberes feitos poderás ir xogar
  • Vendéronlle cinco quilos de sardiñas ben feitos, Fixo unha tega de trigo mal feita

Frases hechas

  • 2 Apl

  • A feito/de a feito Que se fai todo seguido, sen deixar nada atr

  • Feito e dereito 1 Completamente desenvolvido.

  • De a feito Segundo o costume.

  • De feito. En realidade. Ex:

  • Meu dito meu feito Que se fai tan pronto como se di.

  • Perdoar o feito e o por facer Ser indulxente en exceso, mesmo cando non se debe.

Refranes

  • Ó feito, remedio e, ao por facer, consello.
  • Ó feito, rogo e peito.

Palabras vecinas

feitío feitizaría feitizo feito -ta feitura feiturada feixe