familia

familia

lat familĭa

Plural: familias
  1. s f
    1. Unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela.

    2. Conxunto de persoas descendentes dunha mesma liñaxe.

  2. s f

    Conxunto dos fillos dunha parella.

  3. s f p ext

    Conxunto de cousas que teñen unha orixe e características comúns que fan que se perciban como parte dun grupo.

    1. s

      Conxunto de curvas ou superficies que teñen a mesma ecuación diferencial.

    2. familia de conxuntos

      Colección de conxuntos que teñen unha característica común.

  4. s f [BIOL ]

    Categoría taxonómica situada entre o xénero e a orde que comprende un conxunto de xéneros relacionados filoxeneticamente.

  5. familia de ciclóns [METEOR ]

    Secuencia de ciclóns, que se produce na fronte polar entre dúas invasións de aire nas baixas latitudes.

  6. familia léxica/de palabras [LING ]

    Conxunto de palabras que comparten un núcleo de significado léxico común, manifestado a través dunha mesma raíz.

  7. familia lingüística [LING ]

    Conxunto de linguas que comparten unha orixe común e que se agrupan baixo un mesmo phylum (macrofamilia).

  8. familia matrimonial [DER ]

    Familia constituída a partir do matrimonio contraído segundo as disposicións legais.

  9. familia relixiosa [RELIX ]

    Conxunto dos membros dunha comunidade, orde ou congregación.

  10. familia xénica [XEN ]

    Conxunto de xenes que teñen localización cromosómica distinta, pero que son idénticos ou moi semellantes en canto á súa secuencia de bases, e que proveñen da duplicación dun xene ancestral.

Citas

  • A gran familia do circo chegou á cidade con todos os animais
  • É dunha familia nobre
  • Levan cinco anos casados e aínda non teñen familia

Frases hechas

  • En familia. Con xente de confianza.

Refranes

  • Alá me leve Deus, ande ache dos meus.
  • Ó parente, axudalo.
  • O que dos seus desespera, dos alleos mal lle veña.
  • Quen aos seus non agarima, a ninguén agarimo pida.