facultade

facultade

lat facultāte

Plural: facultades
  1. s f

    Capacidade ou aptitude física ou psíquica para realizar algunha función.

  2. s f

    Poder ou dereito para facer algo.

  3. s f [EDUC ]

    Unidade institucional e académica de ensino superior, integrada con outras nunha universidade.

  4. s f [FILOS ]

    Posibilidade física ou moral de facer algo.

  5. facultade real [HIST ]

    Cédula Real para a fundación de morgados, para allear bens vinculados ou para impor cargas sobre estes.

Sinónimos

Citas

  • Esa muller ten a faculdade de adiviñar o futuro, OBS: Adoita empregarse en plural, Xa ten as súas facultades mentais trastornadas
  • O xefe deulle a facultade para decidir no seu lugar