potestade

potestade

lat potestāte

Plural: potestades
  1. s f

    Poder, facultade ou dominio que se ten sobre persoas ou cousas.

  2. s f pl [RELIX ]

    Conxunto de anxos que constitúen a xerarquía inferior do segundo coro da orde anxélica do Pseudo-Denís.

  3. s f [HIST/DER ]

    Xurisdición sobre un castelo ou demarcación que se tiña en feudo do s X ao XV.

  4. potestade discrecional [DER ]

    Exercicio dunha facultade mediante un proceso aplicador do ordenamento xurídico en que ten unha relevancia especial a estimación subxectiva ou libre apreciación da administración.

  5. potestade regulada [DER ]

    Exercicio dunha facultade que exclúe a apreciación subxectiva da administración ao prever e determinar o ordenamento xurídico todas as súas condicións, termos e consecuencias.