extremo -ma
lat extrēmu
-
adx
Aplícase ao límite ao que chega ou pode chegar unha cousa. Tm s m.
-
adx
-
Que está ao comezo ou ao final de algo. Tm s.
-
[FILOS ]
Aplícase, en lóxica, aos termos maior e menor dun siloxismo.
-
-
adx
Que está no lugar máis afastado con relación a un punto de referencia.
-
adx
Que é moi grande ou moi intenso.
-
s
m
Lugar máis afastado con relación a un punto.
-
s
[DEP ]
Membro da liña de ataque dun equipo deportivo que ocupa a demarcación máis próxima ás bandas do terreo de xogo.
-
s
m
[MAT ]
Punto dunha función onde hai un máximo ou un mínimo.
-
extremo cohesivo
[XEN ]
Cada un dos fragmentos autocomplementarios de ADN de cadea sinxela, situados no extremo dunha molécula deste ácido.
-
extremo distal
[ARQUEOL ]
Extremo dunha lasca que ocupa o lugar oposto ao talón ou extremo proximal.
-
extremo romo
[XEN ]
Cada un dos extremos que se orixinan nunha molécula de ADN cando un encima de restrición corta o duplicado de xeito simétrico.
Confrontaciones
radicalCitas
- Cada un colleu a táboa por un extremo
- Colócao na parte extrema da mesa, Produciuse un grave conflicto no Extremo Oriente
- Déitate no outro extremo da cama que este é o meu sitio
- Demostrou unha alegría extrema ao vernos, O frío foi extremo este inverno
- O cabo extremo da rede enleouse
- Os manifestantes da extrema esquerda enfrontáronse coa policía
- Os seus nervios chegan a un extremo que non se poden aturar
- Tomaron medidas extremas para evitar as revoltas
Frases hechas
-
En extremo. Moi ou moito.