extremidade

extremidade

lat extremĭtāte

Plural: extremidades
  1. s f

    Parte que está ao principio ou ao final dunha cousa.

  2. s f
    1. Apéndice dun animal, máis ou menos alongado, unido a unha parte máis robusta do corpo, que adoita presentarse en número par e en posición simétrica.

    2. Apéndice do corpo dos vertebrados que serve para o desprazamento e para a prensión. Os vertebrados teñen dous pares de extremidades, un anterior ou torácico, e un posterior ou pelviano.

Citas

  • Asenta as extremidades das trabes sobre as paredes